Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Canta xente se necesita...? / Anna Font

por Font, Anna [autor/a]; Rodríguez, Manuela [autor/a].
Tipo: MonografíaEditor: Pontevedra :Kalandraka ,2024 Descrición: [36 p] :il. cor ;31cm.ISBN: 9788413432922.Títulos uniformes: Canta xente se necesita...?; Quanta gent es necessita?.Materia(s): Emocións e sentimentos | Convivencia | Convivencia | Emociones y sentimientosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Un orixinal libro-xogo, cheo de humor e de cor, que invita á reflexión sobre os afectos, a convivencia e a cooperación. Ao igual que facer un libro require a participación de moitas persoas, «Canta xente se necesita…?» expón diversas situacións nas que resulta imprescindible a presenza ou a colaboración de alguén máis para que algo suceda. Hai circunstancias vitais como nacer, medrar, empezar a andar ou voar (acaso unha metáfora da madurez); momentos cotiás como cambiar unha lámpada ou dar un bico; algúns rocambolescos como subir a un elefante ou causar un atasco; outros de calado filosófico e emocional como sentir soidade (e a súa antítese). Nestas e noutras accións —nas que a infancia ten un gran protagonismo— ten que haber unha man allea tendida, un xesto de apoio, unha axuda altruista. Anna Font reflexiona sobre as posibilidades para construírmos unha sociedade plural, cohesionada e, por extensión, un mundo mellor no que todas e todos temos algo positivo —e non necesariamente material— que achegar e compartir. Así, abórdanse a tolerancia e a diversidade de familias e parellas, a cooperación polo ben común, a ecoloxía, a solidariedade e a empatía ante o individualismo e a indiferenza, a mobilización fronte á apatía… Unha mensaxe ao alcance das nenas e dos nenos en clave de humor, optimismo, esperanza e sentido lúdico da lectura, con preguntas que admiten respostas diversas, animando a dialogar e a intercambiar opinións libremente. Como tratándose dun xogo de adiviñas, a contribución da autora represéntase de forma invertida e con distinta tipografía. Ademais da sinxeleza, da frescura, da espontaneidade e do ton poético do texto, tamén destacan o colorido e a luminosidade das ilustracións a dobre páxina: colaxes que, a través de múltiples detalles, amplifican a capacidade evocadora desta obra.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP A Ponte
Sala préstamo
82-N FON can Dispoñible Azul OEC036000012735



Un orixinal libro-xogo, cheo de humor e de cor, que invita á reflexión sobre os afectos, a convivencia e a cooperación.
Ao igual que facer un libro require a participación de moitas persoas, «Canta xente se necesita…?» expón diversas situacións nas que resulta imprescindible a presenza ou a colaboración de alguén máis para que algo suceda. Hai circunstancias vitais como nacer, medrar, empezar a andar ou voar (acaso unha metáfora da madurez); momentos cotiás como cambiar unha lámpada ou dar un bico; algúns rocambolescos como subir a un elefante ou causar un atasco; outros de calado filosófico e emocional como sentir soidade (e a súa antítese). Nestas e noutras accións —nas que a infancia ten un gran protagonismo— ten que haber unha man allea tendida, un xesto de apoio, unha axuda altruista.

Anna Font reflexiona sobre as posibilidades para construírmos unha sociedade plural, cohesionada e, por extensión, un mundo mellor no que todas e todos temos algo positivo —e non necesariamente material— que achegar e compartir. Así, abórdanse a tolerancia e a diversidade de familias e parellas, a cooperación polo ben común, a ecoloxía, a solidariedade e a empatía ante o individualismo e a indiferenza, a mobilización fronte á apatía… Unha mensaxe ao alcance das nenas e dos nenos en clave de humor, optimismo, esperanza e sentido lúdico da lectura, con preguntas que admiten respostas diversas, animando a dialogar e a intercambiar opinións libremente. Como tratándose dun xogo de adiviñas, a contribución da autora represéntase de forma invertida e con distinta tipografía.

Ademais da sinxeleza, da frescura, da espontaneidade e do ton poético do texto, tamén destacan o colorido e a luminosidade das ilustracións a dobre páxina: colaxes que, a través de múltiples detalles, amplifican a capacidade evocadora desta obra.

4º-5º-6º Educación Infantil

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha